Friday 26 de April de 2024

A Xunta destaca o éxito dos trens turísticos que rexistran a mellor ocupación da súa historia


― A directora de Turismo de Galicia visitou hoxe cos viaxeiros do Tren da Ruta do viño das Rías Baixas a adega Pazo de Baión, no marco das actividades previstas neste programa

― A tempada dos trens Trens turísticos de Galicia rematará o día 9 de outubro co Tren das rutas Ribeiro Rías Baixas con mellores datos de coupación

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro destacou hoxe na súa visita á adega do Pazo de Baión o éxito desta nova edición dos Trens tursíticos de Galicia, que ata agora rexistran unha ocupación superior ao 98 %, o que supón o mellor rexistro das oito edicións celebradas ata agora. Á visita tamén acudiu o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López.

A directora de Turismo de Galicia, manifestou tamén a súa satisfación pola consolidación deste programa como un dos produtos turísticos máis importantes do verán en Galicia.
Este ano, os Trens turísticos de Galicia comezaron a funcionar o día 26 de xuño e rematarán esta edición o día 9 de outubro con once programas distintos, que ofertan 1.532 prazas.

Nesta edición de 2021, mantívose o prezo de 2019, de xeito que o billete para adultos custa 45 euros e 20 o de nenos, cun 15% de desconto para grupos de 10 ou máis persoas.

Por outra parte, o programa oferta achegamentos gratuítos ás estacións de orixe desde desde as principais cidades de Galicia ao comezo da ruta e que ata hoxe foron utilizados 540 persoas.
Rutas dos trens turísticos

Desde a estación de Santiago de Compostela parten este ano as rutas dos mosteiros, Pazos e xardíns e a Ruta do Viño das Rías Baixas.

Desde a estación de Pontevedra saen o Tren da Ruta da Lamprea, mentes que na de Ourense inician o seu percorrido os trens das rutas dos viños da Ribeira Sacra do Sil, Ribeira Sacra do Miño, Ribeiro-Rías Baixas, Valdeorras-Ribeira Sacra e Monterrei.

Os itinerarios completanse co Tren do Camiño de Santiago desde A Coruña e o Tren da Ruta dos Faros con saída da estación de Ferrol.